SPOT PERGAMIÑO VINDEL


 
Marcho que teño que marchar. Ese foi o claim da campaña de publicidade desenvolvida pola Universidade de Vigo para despedir ó Pergamiño Vindel. 
 
Para poder realizar este traballo tuven a sorte de poder dirixir un pequeno gran equipo: Noel Queipo encargouse da produción, Faraón fixo a animación 2D e a integración do Vindeliño, Gus Abreu a cámara, Miguel Grandío foi o sonidista, Iago Souto editou o son, Alfonso Merino fixo a cor, Alba Sotelo a fotografía, Tania Sueiro os textos e o gran Luis Davila creou o Vindeliño. Talento da facultade de CC. Sociais e da Comunicación de Pontevedra.
Género: Spot publicitario Duración: 30 segundos.
Ano: 2018  Institución: Universidade de Vigo.
Función: Dirección e realización.